Emigración e Política Lingüística comparten unha visita á Cidade da Cultura con vinte mozos e mozas do Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres

Antonio Rodríguez Miranda e Valentín García, co alumnado de galego do Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres
Antonio Rodríguez Miranda e Valentín García, co alumnado de galego do Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres
 
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, compartiron hoxe con vinte mozos e mozas pertencentes ao Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres, unha visita guiada pola Cidade da Cultura, dentro da viaxe que están a realizar por Galicia e que, nestes días, permitiulles coñecer Santiago de Compostela, as Rías Altas e as Baixas.

Deste xeito, esta visita achégaos á cultura galega, potenciando así os vínculos de moitas e moitos deles, descendentes de galegas e galegos residentes no Reino Unido. Durante os últimos días puideron visitar tanto Santiago de Compostela coma A Coruña, Pontevedra e as Rías Altas e Baixas. Neste centro, único colexio español en Londres, asisten numerosos alumnos e alumnas que poden aprender galego dende 1991, grazas a un convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación.