Data:
Os días 6 e 7 de xuño celebrarase en Campo Lameiro o “Curso sobre tratamento de augas residuais en pequenas aglomeracións urbanas”, organizado por Aguas residuales e a Fundación Centa (Centro de las Nuevas Tecnologías del Agua). Na acción formativa tamén participan Augas de Galicia, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, a Universidade da Coruña, a Fundación Centa e as principais empresas do sector. A iniciativa está dirixida a técnicos de empresas públicas e privadas e ten un custe de 395 euros.
O obxectivo é ofrecer coñecementos sobre as solucións de depuración máis axeitadas, así como dar recomendacións de carácter técnico para a redacción de proxectos, posta en macha, mantemento e explotación de sistemas de depuración en pequenas aglomeracións.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
programa.pdf | 2.09 MB |