A Fegamp participou no encontro "Centros e servizos de Atención Temperá", organizado pola Asociación Galega de Atención Temperá. O vicepresidente executivo, Manolo Mirás, manifestou a vontade dos concellos de contar con máis competencias e recursos para garantir a igualdade de dereitos e oportunidades para os cativos e cativas con necesidades especiais, e o soporte preciso ás súas familias e rede de apoio. AGAT leva anos traballando na súa defensa.