Data:
Encontros con profesionais de atención a mulleres vitimas de violencia no marco do Proxecto SERV - Servizos e dereitos, financiado polo Programa de Xustiza da Unión Europea (2014-2020), co obxectivo de contribuir a mellorar as estratexias de apoio ás mulleres que son vítimas de calquera tipo de violencia, identificando as necesidades e obxectivos derivados da Directiva 2012/29/UE. Estas reunións centraranse nas 4 primeiras prioridades que establece a Estratexia da Unión Europea sobre os Dereitos das Vitimas (2020-2025). Co fin de asegurar a sostibilidade do Proxecto SERV mais alá da súa data final, as conclusións e propostas das xuntanzas incorporaranse aos estudos sobre vitimas de violencia e trata da Ssecretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
AXENDA DE REUNIÓNS E INSCRICIÓNS | 192.38 KB |