As entidades locais confían en que a Xunta proporcionará información suficiente e adecuada para mellorar a contención da pandemia

Data: 

martes, 29 Setembro, 2020 (Todo o día)

A Federación Galega de Municipios e Provincias trasladará ás entidades locais información epidemiolóxica remitida pola Xunta de Galicia. Así se conveu tras unha comunicación telefónica entre responsables da Consellería de Sanidade e o presidente da Fegamp, Alberto Varela, na que se precisou que dita información será actualizada os mércores e venres.

O acceso á información epidemiolóxica para facer unha mellor xestión da crise sanitaria é unha reivindicación reiterada por parte da Fegamp dende o comezo do Estado de alarma. É imprescindible que os responsables municipais dispoñan dos datos adecuados e o máis actualizados posible para considerar a adopción de medidas propias ou ter algún tipo de previsión respecto a asumir medidas ditadas polo Goberno autonómico e poder prepararse. 

Se ben os datos comprometidos pola Xunta de Galicia ata o momento non se corresponden exactamente aos reclamados pola Fegamp, o municipalismo considera calquera apertura informativa un avance pola súa importancia na contención da pandemia.