A Red Española de Desarrollo Rural (REDR) recolle nesta publicación máis de medio centenar de proxectos e iniciativas postas en marcha en varias zonas rurais españolas a través dos Grupos de Acción Local durante os peores momentos da crise sanitaria que sacudiu á nosa sociedade. Son un exemplo de constancia, resiliencia e compromiso polo territorio, e unha nova mostra do que é capaz de lograr LEADER en beneficio das persoas, os seus últimos beneficiarios.