Data:
Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2023.- Nesta xornada de presentación os 22 concellos galegos que van participar no piloto do proxecto EC4RURAL déronse cita na sede da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para coñecer en maior detalle os obxectivos do proxecto e profundizar sobre o plan de traballo inmediato para promover a participación rural na transición cara as enerxías limpas a través das comunidades enerxéticas.
En representación da FEGAMP interveu Carlos Martínez Carrillo, vicepresidente primeiro da FEGAMP e alcalde de Vedra, un dos concellos participantes do proxecto, que destacou que "estamos aquí porque entre todos estamos botando a andar o proxecto ECR4RURAL. Un proxecto que promove a participación rural na transición cara as enerxías limpas a través das comunidades enerxéticas" do que a FEGAMP tamén forma parte.
Nesa liña sinalou que "neste mandato do período 2019-2023, a Federación Galega de Municipios e Provincias abriu un espazo novo de captación de recursos para as entidades locais involucrándose en proxectos nacionais e europeos coma este que hoxe se vos presenta. Proxectos nacionais e europeos orientados a aportar recursos e oportunidades económicas e sociais aos concellos do rural galego, que son a mayoría no noso territorio, entidades pequenas, con poucos recursos económicos e de persoal, unhas circunstancias que en moitas ocasións condicionan a súa participación en proyectos".
O proxecto EC4RURAL conta coa participación de dez organizacións de España, Estonia e Bélgica para fomentar a transición enerxética limpa nas zonas rurais europeas, e dispón dun orzamento de 1,6 millóns de euros, está cofinanciado polo Programa Life e vaise executar no periodo 2023-2027. A Universidade de Vigo lidera o consorcio multidisciplinar formado pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), a Universidade de Tartu (Estonia), a Asociación de Cidades e Municipios de Estonia, a Axencia Rexional da Enerxía de Tartu (Estonia), a Fundación Juana de Vega, a Unión de Cooperativas Espazocoop, e a Asociación Europea para el Desenvolvemento Rural (Bélxica), entre outras.