A Fegamp apoia a campaña da Rfess para previr accidentes de escolares en praias e piscinas

Data: 

luns, 4 Maio, 2015 (Todo o día)

A Federación Galega de Municipios e Provioncias (Fegamp) respalda a campaña posta en marcha pola Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo (Rfess) para previr accidentes nas praias e nas piscinas. O obxectivo é previr (e evitar) o elevado número de accidentes e afogamentos que se producen no noso país, nomeadamente, na tempada estival. A Rfess considera unha obriga coñecer e aprender aos demais nocións básicas de prevención para que esas lamentables estatísticas non se volvan repetir un curso máis. O ano pasado, a campaña da Rfess contou coa colaboración de 17 entidades públicas e privadas e conseguíu chegar a máis de 16.000 nenos e mozos de 133 centros de ensino e instalacións acuáticas de toda España.

A Fegamp considera moi importante divulgar entre os seus asociados, os 314 concellos galegos, sobre todo, os costeiros e turísticos, e as 4 deputacións provinciais (estas, tamén titulares dun gran número de piscinas), o contido desta campaña co seu material complementario (que adxuntamos nun arquivo nesta información), para que os que o consideren oportuno o fagan chegar aos seus escolares e centros educativos municipais e ao persoal das súas instalacións acuáticas.

Os interesados en obter máis información sobre a campaña ou sobre outros contidos da Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo poden consultar a páxina web: www.rfess.es. 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon prevencionpiscina15.pdf2.9 MB