A FEGAMP aproba as súas observacións á modificación do Regulamento xeral de Costas

Data: 

xoves, 16 Abril, 2026 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2026.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) aprobou na súa Xunta de Voceiros e Voceiras as observacións ao anteproxecto do Real decreto polo que se modifica o Regulamento xeral de Costas.

Nas súas observacións, a entidade municipalista indica que o anteproxecto, no seu artigo 152, mantén a participación dos concellos nos procedementos de outorgamentos das solicitudes de autorizacións e concesións, en relación ás praias, non hai cambios no réxime da súa explotación, cuxa adxudicación a terceiros debe xestionarse mediante un proceso de selección imparcial, transparente e público. Sobre as actividade económicas que se desenvolvan no dominio público marítimo-terrestre, as administracións competentes disporán dun ano para regular o procedemento de selección de candidatos para o outorgamento de autorizacións.

Para evitar unha maior incidencia nos concellos, a FEGAMP reclama máis concreción para a prioridade na limpeza manual fronte ao uso de maquinaria pesada, para as labores de mantento e limpeza nos tramos das praias catalogados como naturais, axustadas aos criterios de conservación establecidos na normativa ambiental de aplicación.

Sobre os deslindes e a participación municipal nos mesmos, poderían condicionar as competencias locais na xestión e planificación urbanística as modificacións da liña exterior ou interior do dominio público marítimo-terrestre.

Rematan as observacións da FEGAMP sinalando a posibilidade de afección dos intereses dos concellos o da súa veciñanza, nos ingresos fiscais dos concellos e no emprego  no marisqueo e acuicultura, polos prazos das concesión de dominio público marítimo-terrestre e as limitacións das prórrogas ordinarias e extraordinarias anteriores á Lei 2/2013 de 29 de maio, de protección e uso sustentable do litoral e de modificación da Lei de Costas. Polo anterior se reclama á Administración do Estado ter en conta esta cuestión na reforma do regulamento de Costas, en atención ao disposto no artigo 55 da Lei 7/1985, de 5 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, que establece os principios de coordinación e lealdade institucional entre administracións, obrigando a respectar as competencias alleas, ponderar os intereses públicos doutras administracións e valorar o impacto das actuacións propias na Administración Local.

Con estas observacións, a FEGAMP remata o proceso de coñecemento desta modificación do Regulamento xeral de Costas, na que reuniuse coa conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, para coñecer a posición da Xunta de Galicia ao respecto, e co Delegado do Goberno, Pedro Blanco, para tamén recibir a información da Administración do Estado. Ademais, unha representación da FEGAMP participou no grupo de traballo convocado pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para o análise de posibles alegacións ao anteproxecto.

Polo anterior, as observacións foron enviadas para a súa consideración á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).