Data:

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2026.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) participou na sinatura da Declaración sobre o uso das linguas oficiais nas relacións entra a cidadanía e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (FCSE), promovida dende a Irmandade Xurídica Galega.
O acto da sinatura celebrouse no Paraninfo da Universidade de Santiago Compostela (USC) e contou co participación da secretaria de Estado de Seguridade, Aina Calvo; do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; da Fiscal Superior de Galicia, Carmen Eiró; do secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia, Valentín García; do presidente da Irmandade Xurídica Galega, Xaquín Monteagudo, e da vicepresidenta executiva da FEGAMP e alcaldesa de Betanzos, María Barral, ademais doutras persoas responsables institucionais do eido xurídico e académico.
Na súa intervención, María Barral destacou que esta declaración institucional constitúe un magnífico exemplo de cooperación entre administracións e institucións para garantir que os dereitos lingüísticos da cidadanía sexan unha realidade efectiva tamén nas súas relacións coas Forzas e Corpos de Seguridade.
Para a vicepresidenta executiva da FEGAMP, a promoción e uso do galego tamén dende as policías locais é unha maneira de ofrecer un servizo público máis próximo, máis humano e máis acorde cos dereitos que o noso ordenamento xurídico recoñece á cidadanía, ademais dunha unha cuestión de respecto pola nosa lingua.
Barral lembrou que o municipalismo galego leva décadas desempeñando un papel protagonista na defensa e promoción da nosa lingua, impulsando a formación, facilitando os recursos necesarios e consolidando unha atención na que o galego sexa unha expresión natural da proximidade que caracteriza o servizo público local.
Nesa liña, a vicepresidenta executiva confirmou o apoio da FEGAMP ás novas iniciativas para a promoción da lingua galega, colaborando co resto das administracións e fortalecendo a atención á cidadanía en galego dende as policías locais, contribuíndo así a facer efectivos os dereitos lingüísticos reafirmados na declaración asinada.
Descargas:
| Arquivos | Tamaño |
|---|---|
| 5.93 MB |

Sede Electrónica





