A FEGAMP celebrou a súa Comisión Executiva de Xullo

Data: 

martes, 21 Xullo, 2026 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2026.- A Comisión Executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) celebrou a súa sesión ordinaria de Xullo na que os seus membros puideron participar presencialmente e de xeito telemático.

Na reunión abordáronse asuntos como a aprobación do Real Decreto-Lei 17/2026, de 23 de xuño, de medidas extraordinarias para o fortalecemento do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD) e a sú afectación ao financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) en Galicia.

Tamén se deu conta da participación no Consello Territorial da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), no Consello de Administración de Sogama e no Consello Reitor de Augas de Galicia. Informouse das reunións mantidas e das xestións realizadas sobre asuntos como a sinatura do protocolo de seguridade para as traballadoras do SAF, a colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAPXG) e co Consello Consultivo de Galicia.

Por último tamén informouse sobre os asuntos que se emitiron informes neste período, como o anteproxecto do Informe de “auditoría exprés da planificación e implantación da tributación por estancias e estadías nos concellos de Galicia” do Consello de Contas, do documento de traballo do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega no referido á Administración Local, o proxecto de decreto polo que se regulan os itinerarios culturais de interese autonómico e o Plan de acción contra a contaminación acústica da Rede Autonómica de Estradas de Galicia- cuarta fase.

COMISIÓN EXECUTIVA XULLO 2026