Data:
Anima aos concellos galegos a que este día de acción sexa para os nenos, nenas e adolescentes, contando con eles e elas en todo o que se faga
Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2023.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) decidiu na súa última Xunta de Voceiros e Voceiras celebrada recentemente aprobar una declaración institucional sumándose ao chamamento de UNICEF Galicia.
Na súa declaración a FEGAMP lembra que “se cumpren 34 anos da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno, neste Día Mundial da Infancia é importante poñer en valor os grandes logros a favor dos dereitos dos nenos e as nenas, así como o poder transformador de involucralos de maneira directa na construción dun mundo mellor para eles e para elas, e con iso, para todos”.
Tamén se destaca que no Día Mundial da Infancia “non hai que esquecer que os nenos, nenas e adolescentes enfróntanse tamén a múltiples desafíos, como a violencia, a pobreza e as desigualdades incrementadas polas últimas crises económicas, a crise climática ou as consecuencias económicas e sociais da COVID-19 e da guerra en Ucraína, que puxeron en risco o dereito á vida de millóns de persoas no mundo, e especialmente de nenos, nenas e adolescentes”.
“Dende a FEGAMP non somos alleos a esta realidade” prosigue a declaración, xunto con un compromiso dende os concellos galegos “coa promoción dunha maior e máis eficiente investimento na infancia, recomendando que se asignan os recursos necesarios para avanzar na consecución dos seguintes obxectivos:
- Cada neno, nena e adolescente é valorado, respectado e tratado xustamente, facendo das entidades locais espazos socialmente inclusivos, que permitan impulsar as capacidades de nenos, nenas e adolescentes, que loiten contra a discriminación -xa sexa esta social, económica ou de xénero- e que lles ofrezan unha oportunidade para alcanzar todo o seu potencial, con independencia da súa idade, sexo, capacidades físicas ou mentais, orixe ou procedencia, ou situación económica, entre outros.
- As voces, necesidades e prioridades de cada neno, nena e adolescente deben terse en conta en todas as decisións que lles afectan, incorporando a participación infantil e adolescente con carácter estratéxico na elaboración, seguimento e avaliación das políticas locais de infancia e adolescencia, impulsando a creación de órganos estables, dotados de recursos e con carácter sostible que canalicen a súa participación.
- Todos os nenos, nenas e adolescentes deben ter acceso a servizos esenciais de calidade. Impulsando medidas e dedicando recursos especificamente dirixidos á poboación infantil e adolescente no ámbito local, cun enfoque preventivo e universal no deseño das prestacións e servizos sociais para combater a pobreza infantil, aliñados coas prioridades e enfoques da Garantía Infantil Europea.
- Todos os nenos, nenas e adolescentes viven en contornas seguras, gozan dun medio ambiente limpo e sustentable. Creando contornas protectoras con recursos e capacidades suficientes para garantir, desde un enfoque preventivo e en coordinación cos distintos ámbitos, a protección de nenos, nenas e adolescentes ante situacións de risco e violencia. E impulsando un medio ambiente san para a infancia, tal e como se recolle na recentemente aprobada Observación Xeral nº 26 do Comité dos Dereitos do Neno.
- Impulsar e promover os dereitos dos nenos, nenas e adolescentes a nivel global, especialmente en situacións de emerxencia.”
Pódese acceder á declaración na seguinte ligazón