A FEGAMP e AGA Ucraína estudian vías de colaboración en apoio da poboación e das cidades afectadas polos ataques rusos

Data: 

venres, 2 Febreiro, 2024 (Todo o día)

A FEGAMP reiterou o compromiso solidario dos concellos galegos coa poboación ucraína afectada pola guerra

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2024.- O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, mantivo hoxe unha xuntanza coa presidenta da asociación AGA-Ucraína, Masha Pavlenko. A xuntanza celebrouse en formato de videoconferencia, na que tamén participaron a secretaria xeral da FEGAMP, Patricia Vilán, e o membro de AGA-Ucraína, Carlos Blanco.

A presidenta de AGA-Ucraína informou da actividade desenvolvida en apoio da poboación ucraína tanto en Galicia como en Ucraína, sinalando que, a falta de unha vindeira actualización, estima que en Galicia hai en torno a 3.000 ucraínas e ucraínos desprazados.

Ademáis, Masha Pavlenko achegou a Alberto Varela unha proposta de colaboración dos diferentes concellos galegos con diversas cidades ou vilas ucraínas. O fin sería colaborar  na reconstrución das infraestruturas civís e no restablecemento das subministracións enerxéticas e hídricas, ante a extrema necesidade que se está a padecer en cidades e pobos de Ucraína, que pola economía de guerra que impera no país non poden financiar estas iniciativas..

Esta colaboración xa está a ser desenvolvida por concellos de Euskadi a través da Asociación de Municipios Vascos (EUDEL), entidade homóloga á FEGAMP, e valoran a importancia que tería esta colaboración entre cidades galegas e ucraínas.

O presidente da FEGAMP reiterou  compromiso solidario dos concellos galegos coa poboación afectada pola guerra Ucraína, e interesouse nos detalles da proposta de colaboración, para poder presentala na Comisión Executiva da FEGAMP e valorar alí todas as posibilidades. Posteriormente, se manterá o contacto para concretar as liñas de colaboración posibles.

Tamén se valorou a colaboración dos concellos na celebración de eventos culturais cos que acadar fondos solidarios coa poboación ucraína, para o que tamén dende a FEGAMP se achegará toda a información aos concellos galegos.