A Fegamp e Agaxede ultiman os detalles da xornada sobre xestión deportiva

Data: 

mércores, 17 Xaneiro, 2018 - 11:00

O presidente da Fegamp, Alfredo García reuniuse co presidente da Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE) e o técnico da Fegamp Francisco Díaz Pereira, para ultimar os detalles da segunda edición da xornada de Xestión Deportiva para Pequenos e Medianos Muinicipios que se levará a cabo o próximo 16 de marzo en Santiago de Compostela. Nesta xornada colaboran tamén a Secretaría Xeral para o Deporte, a Escola Galega de Admnistración Pública, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago de Compostela. O programa ten entre os obxetivos:

- Analizar as novidades da nova Lei de Espectáculos Públicos de Galicia na súa aplicación aos plans de Seguridade e Autoprotección

- Valorar algunhas ferramentas dixitais que favorezan a xestión dos servizos deportivos locais

- Identificar as formas de contratos públicos que son axeitadas nos distintos ámbitos da xestión deportiva municipal