A Fegamp e a consellería de Medio Rural poñerán en marcha un plan experimental para poñer en valor as faixas secundarias

Data: 

xoves, 11 Abril, 2019 - 13:30
Addenda ao convenio de protección das faixas secundarias

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2019.- O presidente da Fegamp, Alfredo García, e o conselleiro de Medio Rural, José González, firmarán a próxima semana una addenda ao convenio para a xestión da biomasa nas faixas secundarias de protección dos núcleos rurais, firmado en agosto de 2018 entre a Fegamp, a Xunta e SEAGA e ao que están adheridos ata o momento 177 concellos. O tempo marcado para o comezo dos traballos de roza nas faixas pola empresa pública SEAGA, darán comezo tras a Semana Santa, e se prevé actuar nunhas 700 aldeas de 68 parroquias de toda a comunidade autónoma durante o período 2019-2022.

En concreto, o motivo para realizar unha addenda ao convenio, foi que o traballo desenvolvido ata agora en torno ao mesmo, deixou á vista outras necesidades que non estaban reflectidas no texto inicial e que era necesario acometer. Unha das cuestións máis importantes que se abordarán a través desta addenda é a elaboración de Plans Básicos de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais que servirán de guía aos municipios para elaborar os seus propios Plans Municipais de Prevención e Defensa contra os Incendios, unha cuestión de vital importancia para os concellos.

A colaboración entre a Fegamp e a Xunta ten sido relevante nesta materia e ambas entidades están a desenvolver a maiores outras accións como a posta en marcha, de forma experimental, dun proxecto para a posta en valor das faixas secundarias permitindo e facilitando o asentamento de explotacións agrogandeiras que minimicen a necesidade de rozas nas faixas. Outra novidade será a posta en marcha do visor de faixas para os concellos e tamén a posta a disposición dos concellos do material cartográfico relativo ás faixas secundarias de protección dos núcleos rurais cunha relación de propietarios das diferentes parcelas que as compoñen.