A Fegamp e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos asinan un convenio para a formación do enxeñeiro de camiños en Administración Local



Tras a sinatura dun convenio de colaboración co Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, para a posta en marcha de iniciativas formativas; o decano desta asociación profesional, Carlos Nárdiz, apuntou que servirá para que os enxeñeiros "acheguen os seus coñecementos para resolver problemas cos que se están a atopar agora mesmo os municipios".

   "Trátase de formar enxeñeiros na práctica do urbanismo municipal", detallou, ao tempo que Carlos Fernández considerou "moi importante" que a institución que preside "colabore na formación e no coñecemento de todas as áreas derivadas da vida municipal e a Administración local".

   "Creo que é lóxico, básico e fundamental que a Fegamp leve a cabo iniciativas nese sentido", remarcou, tras reivindicar a figura dos enxe&ntilde