FEGAMP e o Consello Galego da Cultura exploran liñas de colaboración

Data: 

martes, 3 Febreiro, 2026 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2026.-  O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, reuniuse coa presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, para abordar vías de colaboración e futuros proxectos comúns.

Na xuntanza tamén participaron a secretaria xeral da FEGAMP, Patricia Vilán, e o xerente do CCG, Marcelino Fernández.