Data:
martes, 3 Febreiro, 2026 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2026.- O presidente e a secretaria xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela e Patricia Vilán, reuníronse coa Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño co obxecto de relanzar as liñas de colaboración entre ambas institucións.
Na reunión avaliouse o protocolo de colaboración existente para a súa actualización, poñendo especial atención á colaboración coa promoción e xestión das canles de denuncia dos concellos e deputacións.

Sede Electrónica