A FEGAMP ESIXE A INTRODUCCIÓN DOS CRITERIOS DE DISPERSIÓN XEOGRÁFICA E AVELLENTAMENTO NA NEGOCIACIÓN DO NOVO MODELO DE FINANCIAMENTO MUNICIPAL



 

Santiago, 9 de setembro de 2008. O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Carlos Fernández, presidiu este mediodía a reunión ordinaria da súa Executiva.

No transcurso da mesma se aprobou, entre outros asuntos, unha declaración institucional dirixida ao Ministerio de Economía e á Comisión Negociadora da Federación Española de Municipios e Provincias (Femp) instando a que “midan o custo real que os concellos teñen que asumir no desenvolvemento das súas competencias”, xa que o municipalismo galego entende que “a diferencia do realizado ata este intre” se deben “introducir criterios obxectivos” para o reparto da Participación nos Ingresos do Estado (PIE).