A Fegamp explicará aos 315 alcaldes de Galicia o convenio de desafiuzamentos asinado coa Xunta e o CGPJ

A Fegamp acordou hoxe iniciar unha rolda de reunións polas catro provincias cos 315 alcaldes de Galicia para presentar e explicar o convenio asinado este luns en Madrid coa Xunta e o Consello Xeral do Poder Xudicial sobre prevención de situacións de vulnerabilidade nos desafiuzamentos por falta de pagamento de hipotecas ou rendas de aluguer. En esencia, o protocolo fixa procedementos para que un xuíz, cando teña coñecemento dun desafiuzamento, informe aos servizos sociais de Xunta e concellos para que procedan a atender aos afectados antes de que se produza o desaloxo. Dese modo, prevéñense situacións de exclusión social como os que se viñeron coñecendo desde que comezou a crise.
Para que este mecanismo forneza o efecto desexado, é preciso que cada concello se adhira e forme aos seus servizos sociais para atender coa maior axilidade os casos que trasladen os xulgados. O modelo de adhesión xa está dis