Data:
O actual alcalde de Xenebra naceu en Corme (Ponteceso) hai sesenta e tres anos e forma parte do goberno local da cidade suíza dende hai dous anos.
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2023.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) a través do seu presidente, Alberto Varela enviou una carta de felicitación á Alfonso Gómez Cruz, actual alcalde de Xenebra, e que hoxe vai ser investido como tal.
Na carta, Alberto Varela salientou a transcendencia do nomeamento e investidura de Alfonso Gómez para os concellos galegos y para a cidadanía galega en xeral, dunha cidade como Xenebra tan importante para a emigración galega.
Tamén vencella a investidura de hoxe coas investiduras das alcaldías que van celebrarse o vindeiro 17 de xuño, sendo Alfonso Gómez o primeiro “alcalde galego” investido nesta quenda, desexándolle éxito na súa xestión, como a todos os alcaldes e alcaldesas galegas que van ser investidas.
A carta remata cun convite para asistir á XI Asemblea da FEGAMP, que vaise celebrar en novembro, e manter un encontro no “ que poder coñecer a situación das políticas públicas en Xenebra e Suíza e as principais preocupacións e retos dos concellos galegos”.