Data:

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2026.- O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, felicitou por carta á nova reitora da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Rosa Crujeiras, tras a súa recente elección, pola que se convirte "na primeira muller en ocupar este cargo en máis de cinco séculos de historia da USC" sendo este nomeamento "un fito histórico que celebramos con orgullo" en palabras do presidente da FEGAMP.
Alberto Varela salientou na carta "a estreita relación que une" á FEGAMP coa USC, como quedou acreditado recentemente coa presentación do informe "A reforma necesaria do financiamento local", froito da colaboración entre ambas institucións, colaboración que confía en manter e profundizar baixo o mandato da nova reitora.
Na súa resposta, a nova reitora da USC emprazou ao presidente da FEGAMP a abordar novas iniciativas conxuntas e proveitosas, sinalando á entidade municipalista como aliada no proxecto para a USC que vai desenvolver.

Sede Electrónica