Data:

Silleda (Pontevedra), 25 de marzo de 2026.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) participou cun espazo informativo nas feiras Expomunicipal e Enerxétika, celebradas na Feira Internacional de Galicia ABANCA, co obxectivo de dar resposta ás necesidades e retos das entidades locais ante o actual escenario social que esixe concellos máis sostibles, eficientes, accesibles, seguras e verdes, ademais do cumprimento da Axenda 2030.
Dende o seu espazo, a FEGAMP informou as persoas interesadas sobre os traballos e avances dos programas CEL RURAL e EC4RURAL, dos que a FEGAMP forma parte:
- O proxecto EC4RURAL, financiado polo programa LIFE, busca afondar e transformar as relacións entre as autoridades locais e rexionais e as comunidades rurais e a súa cidadanía para contribuír á transición cara unha enerxía limpa en Europa grazas a unha participación activa e xusta, que non deixe a esas comunidades atrás.
- O proxecto CEL RURAL ten como obxectivo o fomento da implantación de enerxías renovables a nivel rural para reforzar o desenvolvemento dun sistema enerxético sustentable e de proximidade en rexións transfronteirizas do espazo POCTEP mediante a adopción de modelos innovadores de autoconsumo enerxético compartido no ámbito das comunidades enerxéticas locais (CEL) en contornas rurais.

Sede Electrónica