A FEGAMP insta ao presidente da Xunta a reconsiderar os orzamentos e negociar o financiamento das Entidades Locais

Data: 

mércores, 26 Outubro, 2022 (Todo o día)

A Federación Galega de Municipios e Provincias insta ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a modificar o Proxecto de Orzamentos para 2023 e negociar o financiamento das Entidades Locais que, ademais de ser insuficiente, se mantén conxelado dende hai unha década.

A Fegamp rexeita tanto o contido do Proxecto como as formas da súa aprobación, de forma unilateral e sen ningún tipo de negociación ou consulta previa. A pesar de solicitalo cada ano,  unha vez máis a Xunta non da opción ao municipalismo a valorar o texto e facer achegas, e nesta ocasión a súa comunicación se cinguiu a unha reunión “para cubrir expediente”, na que que vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes e conselleiro de Facenda e Administración Pública, presentaron as liñas xerais do Proxecto o día antes da súa aprobación no Consello de Goberno.

Dada a gravidade da situación económica dos Concellos e o malestar e preocupación que a Fegamp está a recibir dos mesmos, o presidente Alberto Varela se dirixe directamente ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, para que pare o Proxecto e se acorde un aumento do Fondo Base (asignación que corresponde aos Concellos para desempeñar as súas funcións) do Fondo de Cooperación Local.

Varela rexeita que se pretenda enmascarar o aumento do financiamento local cunha subida do Fondo Adicional, partida restrinxida a concellos de menos de 15.000 habitantes baixo condicións en prazos e forma ás veces imposibles de cumprir. O presidente da Fegamp advirte que os concellos non poden resistir máis o infrafinanciamento e que as subidas de prezos e especiais dificultades do momento poden ser unha estocada fatal para moitos servizos.

Lembra á Xunta de Galicia a súa obriga de garantir medios suficientes aos Concellos por mandato Constitucional e reclama unha Lei específica que regule a Participación dos concellos nos Ingresos da Comunidade Autónoma con criterios consensuados.