Data:

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2025.- O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, participou na apertura do II Congreso de UGT Servizos Públicos de Galicia, que relixiu a Irene Martínez como secretaria xeral da organización sindical.
Na súa intervención, o presidente da FEGAMP salientou o traballo en común desenvolvido xunto aos sindicatos representativos, e nomeadamente xunto a UGT Servizos Públicos, no acordo sobre os criterios de elaboración das convocatorias dos concellos para a estabilización de emprego mandatado pola Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade nel emprego público. Alberto Varela sinalou que "sempre respectando a negociación colectiva e a autonomía local, eses criterios acordados facilitaron aos concellos e deputacións os procesos de regularización dos seus cadros de persoal e proporcionarlles ao mesmo tempo un marco de seguridade xurídica".
Varela támen destacou que recentemente retomouse esa dinámica de traballo en común cos sindicatos representativos, e en abril pasado comezaron os traballos do Foro Local para abordar a problemática dos servizos sociais que prestan os concellos en Galicia, co obxectivo compartido de mellorar a xestión local dos servizos sociais, coa conseguinte mellora na calidade da atención recibida polas persoas beneficiarias e nas condicións laborais das persoas profesionais que desenvolven este labor.
Rematou a súa intervención apostando pola colaboración da FEGAMP cos sindicatos, xa que "é moi positiva para os concellos, para os seus traballadores e traballadoras, e tamén para as veciñanzas dos concellos que reciben os seus servizos".