Data:
luns, 14 Setembro, 2026 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2026.- O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, en nome do municipalismo galego, lamenta profundamente a morte de Xosé Manuel López Tuñas, alcalde de Negreira polo PSdeG dende 1983 ata 1995, salvo o período entre xaneiro e maio de 1987.
Mestre e profesor de Xeografía e Historia, Lopez Tuñas tamén foi deputado provincial, e destacou polo seu compromiso social dende o seu labor na Asociación para a Solidariedade Alén Mar e na Unión Barcalesa da Habana.
Alberto Varela quere amosar a súa dor pola perda de Xosé Manuel López Tuñas e achegar dende a FEGAMP todo o agarimo á súa familia, ás súas amizades, e a toda a veciñanza de Negreira nestes tristes momentos.






Sede Electrónica