A FEGAMP ORGANIZA UNHA XORNADA SOBRE A FINANCIACIÓN COMUNITARIA PARA PROXECTOS DE ENTIDADES LOCAIS



Santiago, 14 de feb. de 08. O presidente da FEGAMP, Carlos Fernández, e o  conselleiro de Economía, José Ramón Fernández Antonio, inaugurarán a xornada sobre “A Financiación Comunitaria Para Proxectos das Entidades Locais 2007-2013” que se celebrará o próximo día 19 de febreiro en Santiago de Compostela.

 

O acto promóveo a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), a través da Escola Galega de Altos  Estudos Locais (EGAEL), en colaboración coa Fundación Caixa Galicia.

 

Os relatorios que se desenvolverán están orientados a dar a última información sobre os fondos comunitarios, a través dos máximos representantes destes  temas.

 

Os obxec