Data:

A Caniza, 18 de xuño de 2026.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) participou na sede do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta á presentación do proxecto ENECORE nunha reunión informativa que contou coa participación de representantes do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), e de membros da xunta directiva do propio GDR.
Durante o encontro déronse a coñecer os principais obxectivos do proxecto, as actuacións previstas e o seu potencial para contribuír ao desenvolvemento sostible do territorio a través da promoción de modelos innovadores vinculados á transición enerxética e á cooperación entre os distintos axentes locais. Nos próximos meses abrirase o proceso de selección das entidades locais interesadas en participar no proxecto. Unha vez completada esta fase, no ano 2027 executarase a instalación fotovoltaica no lugar que reúna as mellores condicións para o seu desenvolvemento e aproveitamento.
A reunión serviu para abrir un espazo de diálogo e intercambio de experiencias entre as entidades participantes, poñendo de manifesto a importancia da colaboración e da implicación do tecido local para impulsar iniciativas que favorezan a fixación de poboación, a dinamización económica e a creación de novas oportunidades nos ámbitos rurais. Neste contexto, destaca o papel estratéxico que desempeñan os GDR como axentes vertebradores do territorio e aliados fundamentais na difusión e implantación de proxectos que contribúan a avanzar cara a un modelo de desenvolvemento máis resiliente, inclusivo e respectuoso co medio ambiente.

Sede Electrónica