Data:

Santiago de Compostela, 23 de narzo de 2026.- O vicepresidente primeiro da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Ángel Moldes, participou na rolda de prensa de presentación das feiras ExpoMunicipal e Enerxétika, nas que a entidade muncipalista vai participar.
Na rolda de prensa, a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, destacou a decisión de facer coincidir de novo estes dous eventos para "aproveitar sinerxías", lembrando que xa foi "un éxito" en 2024 con motivo da primeira edición de Enerxétika. Prieto salientou que a segunda edición de ExpoMunicipal ofrecerá solucións a municipios para servizos de calidade, que van desde mobiliario urbano, pasando por limpeza ou iluminación. E, ao mesmo tempo, poderán coñecerse as novidades no ámbito da enerxía a través da quinta edición de Enerxétika, que será escaparate de I+D+i, renovables, medidas de eficiencia enerxética ou mobilidade sustentable.
Na súa intervención, Ángel Moldes, valorou que estes eventos servirán para dar resposta a "esas dúbidas que poidan existir" pola banda dos concellos, contribuíndo a "mellorar licitacións".
Na rolda de prensa tamén participaron o director da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán, e o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila.

Sede Electrónica