Data:

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2026.- O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, participou na apertura da X Xornada de Xestión Deportiva para pequenos e medianos municipios, organizada pola Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE), e celebrada hoxe na Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
O presidente da FEGAMP estivo acompañado polo presidente de AGAXEDE, Eduardo Blanco, e por o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Roberto García, e comezou a súa intervención destacando a importancia deste evento que cada ano "pon o foco na mellora da xestión deportiva local", como un espazo de "intercambio de boas prácticas e de sinerxias para consolidar a xestión deportiva como alicerce na mellora da saúde, a calidade de vida e a cohesión territorial nos concellos galegos".
Alberto Varela enfantizou sobre o traballo dos concellos "para consolidar o papel do deporte como motor de desenvolvemento social e económico, que fomenta a colaboración entre administracións e tecido deportivo empresarial e social" facéndolo dende "a mellor xestión das instalacións, dos programas e actividades, das escolas deportivas, dos proxectos de inclusión, dende a nosa condición de administración máis próxima, posibilitando a transformación de barrios e pobos, e promovendo o encontro interxeneracional e o fomento de hábitos saudables".
Varela repasou os retos na xestión deportiva actual "como a necesidade de optimizar recursos, a incorporación da innovación e a dixitalización como ferramentas imprescindibles, a sustentabilidade e o seu impacto nas instalacións e no servizos, e todo, dende a mellor gobernanza local e a cooperación institucional máis eficaz", reafirmando o compromiso do municipalismo galego na súa aposta "polo deporte municipal como eixo estratéxico de convivencia, benestar e desenvolvemento territorial, e seguiremos promovendo espazos como este que reforcen as iniciativas deportivas locais, facendo máis accesible a práctica deportiva á ciudadanía".

Sede Electrónica