Data:

Santiago de Compostela, a 20 de maio de 2026.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) participou na xornada divulgativa sobre as Entidades de Certificación de Conformidade Municipal (ECCOM), organizada por Ecutecnia.
Francisco Dinís Díaz, concelleiro de Urbanismo da Coruña e representante da FEGAMP no Observatorio da Vivenda de Galicia, interveu na mesa "A ECCOM como ferramenta para axilizar a tramitación nos concellos de Galicia" defendendo a a xestión pública local e a súa mellora, e que a simplificación administrativa non pode facerse á conta de debilitar a seguridade xurídica dos concellos nin de laminar a súa autonomía local.
Dende a FEGAMP apóstase por dar unha resposta eficaz aos problemas históricos que afectan aos concellos de infrafinanciamento local, das competencias impropias ou das limitacións á incorporación de persoal impostas polas taxas de reposición de efectivos; que constitúen un verdadeiro lastre para o funcionamento dos servizos técnicos e administrativos locais, con negativas repercusións para a áxil tramitación dos correspondentes procedementos.
Solucións baseadas exclusivamente na externalización de funcións públicas, como as ECCOM, poden ser unha ferramenta de apoio conxuntural, pero nunca unha solución estrutural.

Sede Electrónica