Data:

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2025
A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) participou na xuntanza do Comité de Seguimento do programa FEDER Galicia 2021-20227 para someter a revisión intermedia as estratexias de programación e as prioridades de inversión recollidas nos distintos programas.
A nivel global, o avance medio do programa sitúase nun 22,5 % en compromisos orzamentarios e nun 41,4 % en operacións seleccionadas e si temos en conta que a execución do gasto comezou en 2023 e se estenderá ata o 2029 estamos aproximadamente ao 28,6 % do período total. Aínda que os datos aportados por Europa reflicten un retraso xeneralizado na execución do programa, sinalar que nos primeiros anos dun novo período rexistrase un ritmo mais lento en comparación coa fase final.
Entre os acordos do Comité de Seguimento, destaca a aprobación dunha liña de axudas á rehabilitación de vivenda para atender as necesidades de colectivos vulnerables. Nos últimos anos obsérvase un empeoramento das condicións de acceso á vivenda por parte da poboación en xeral, e polas persoas mozas en particular. Os prezos da vivenda e dos alugueres en ascenso, sendo mais acusada esta tendencia na contorna dos grandes núcleos de poboación.