A FEGAMP participa no Consello Territorial da FEMP

Data: 

martes, 17 Decembro, 2024 (Todo o día)
De esquerda a dereita: Alberto Varela, Secundino García e Carlos Martínez

Madrid, 17 de decembro de 2024.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) participou no Consello Territorial da Federación Española de Municipìos e Provincias (FEMP) celebrado na súa sede en Madrid.

A representación da FEGAMP neste órgano da FEMP está composta polo seu presidente, Alberto Varela, e polo vicepresidente segundo, Secundino García, e ambos asistiron a esta convocatoria. Cabe sinalar que tamén participan neste órgano a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, como vicepresidenta primeira da FEMP, e o alcalde de Vedra, Carlos Martínez, como membro da Xunta de Goberno da FEMP, ademáis da alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos; a alcaldesa de Marín, María Ramallo; o alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos; e o alcalde do Vicedo, José Jesús Novo.

O Consello Territorial da FEMP abordou o labor desenvolto neste semestre dende a súa última sesión, celebrada en xullo pasado. O orzamento ordinario da FEMP para o 2025 tamén foi un dos asuntos centrais da reunión, así como as informacións sobre os fondos Next Generation e da Central de Contratación da FEMP.

De esquerda a dereita: Alberto Varela, Secundino García e Carlos Martínez.

Consello Territorial FEMP