FEGAMP participa no Secretariado preparatorio do vindeiro Consello Territorial da FEMP

Data: 

xoves, 9 Abril, 2026 (Todo o día)

Madrid, 9 de abril de 2026.- A secretaria xeral da federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Patricia Vilán, asistiu en Madrid á reunión do Secretariado do Consello Territorial da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

A reunión estivo presidida por Luis Martínez-Sicluna, secretario xeral da FEMP, e da mesma forman parte as secretarías xerais das federacións territoriais de municipios e provincias.

Entre os traballos deste Secretariado, avanzouse na preparación da próxima convocatoria do Consello Territorial da FEMP, máximo órgano de goberno entre plenos, prevista para o próximo 28 de abril.

Ademais, informouse da execución e o desenvolvemento dos Fondos Next Generation EU xestionados pola FEMP, e tamén abordáronse ás declaracións e mocións adoptadas polas distintas federacións territoriais.

Tamén se achegou información sobre a xestión da Central de Contratación da FEMP durante o primeiro trimestre deste ano.