Data:

Ávila, 15 de maio de 2025.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) ven de participar en Ávila na xornada de seguimento e difusión do proxecto CELRURAL, para a promoción das comunidades enerxéticas locais en zonas rurais, reforzando o desenvolvemento dun sistema enerxético sostible e de proximidade para o autoconsumo enerxético compartido. En representación da FEGAMP asistiu María Lamelas, técnica da Área de Proxectos.
As entidades socias do proxecto avaliaron as actuacións desenvolvidas no último ano e acordaron os pasos a seguir nos próximos meses, unha vez que xa están constituidas formalmente todas as comunidades enerxéticas nos municipios seleccionados por cada unha das rexións participantes. Tamén abordouse o proceso seguido para a posta en marcha dun segundo piloto en Galicia e a formación especiamente dirixida a persoal habilitado nacional dos concellos (secretarios/as e interventores/as) para as xestións necesarias na posta en marcha das comunidades enerxéticas locais.
A xornada rematou coa visita ao piloto de comunidade enerxética local de Fontiveros (Ávila).
O proxecto CELRURAL está financiado con fondos europeos do programa de cooperación transfronteiriza Interreg POCTEP España-Portugal, e conta coa participación da FEGAMP, da Fundación Instituto Tecnológico de Galicia (ITG), da Universidad do Algarve, da Comunidade Intermunicipal do Cávado, da Universidad de Sevilla, da Agência Regional de Energía e Ambiente do Algarve (Areal), da Diputación Provincial de Ávila, e do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA).