Data:

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2025.- O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, participou na inauguración da VI Xornada "Cidades Amigas da Infancia", xunto coa presidenta de UNICEF Galicia, María Montalvo, e o director Xeral de de Familia, Infancia e Dinamización da Xunta de Galicia, Jacobo José Rey.
A xornada foi organizada por UNICEF Galicia no marco do convenio de colaboración establecido coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e coa FEGAMP para promover e difundir os dereitos da infancia desde o local no marco da iniciativa "Cidades Amigas da Infancia". Se abordaron os mecanismos, espazos e instrumentos necesarios para avanzar na gobernanza transversal, participativa, con criterios da transparencia e bo goberno da política local de infancia para entidades locais galegas.
Na súa intervención, Alberto Varela, destacou que, no que respecta á gobernanza orientada á infancia, "se observa unha mellora, incrementándose a participación de entidades sociais e servizos públicos, promovendo a coordinación externa e interna nas entidades locais; mellora non suficiente no que atinxe ás accións para informar os logros dos Plans Locais de Infancia e Adolescencia promovidos polos concellos adheridos", como sinala o Informe de avaliación do impacto de Ios logros obtidos polas Cidades Amigas da Infancia en España para o período 2012-2023, que tamén sinala o incremento dos orzamentos dirixidos a desenvolver eses Plans Locais, cun incremento constante de aproximadamente 1,4 puntos porcentuais por cada ano de participación dos concellos.
O presidente da FEGAMP salientou tamén dese informe "o incremento significativo na modificación de políticas sectoriais vencelladas coas de infancia como son as de mocidade, xénero ou desenvolvemento local, entre outras, para integrar nelas o enfoque dos dereitos de nenos, nenas e adolescentes, e tamén de equidade", mentras que siguen a ser insuficientes "os cambios en ordenanzas ou outras normativas locais dos concellos adheridos para establecer regulacións que favorezan os dereitos ao tempo libre e ao xogo, ou os dereitos ambientais da infancia e adolescencia".
Varela reafirmou o compromiso das entidades locais galegas coa infancia e adolescencia, "aplicando máis iniciativas que avancen nesa gobernanza orientada á infancia e no enfoque de dereitos de infancia na estrutura e políticas locais", como eixos transversais da iniciativa ”Cidades Amigas da Infancia” promovida por UNICEF España dende 2001, iniciativa á que ten que seguir sumando máis concellos. Actualmente, dez concellos xa contan co ese recoñecemento en Galicia (Ponteareas, Castrelo de Miño, Tomiño, Moeche, Moaña, Redondela, Teo, Nigrán, Burela, Viveiro). Ademais, A Laracha e Cedeira se presentaronn para obter o recoñecemento de Cidade Amiga da Infancia, e O Rosal, Tui e Val do Dubra tamén comezaron o proceso.
A xornada contou con varias mesas de intervencións de persoas expertas en políticas de infancia, ademais de representantes dos gobernos locais de Burela, Moaña e Ponteareas.