A FEGAMP participou na xornada "Mulleres que toman decisións"

Data: 

martes, 26 Maio, 2026 (Todo o día)

Cambados, 26 de maio de 2026.- A secretaria xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Patricia Vilán, participou na xornada de traballo "Mulleres que toman decisións" organizada pola Mancomunidade do Salnés, na que tamén participaron concelleiras e técnicas municipais da comarca do Salnés, a deputada do BNG no Parlamento de Galicia, Montse Prado, e a directora xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia, María Quintiana.

Co esta xornada, dende a Macomunidade queren promover de crear un foro comarcal e estable de traballo entre as responsables públicas de todas as forzas políticas para debater e defender asuntos de gobernanza, políticas públicas e toma de decisións.

Por iso, as mulleres participantes reflexionaron nun diálogo arredor do liderado feminino, analizando os retos na participación política e as barreiras estruturais que limitan o acceso a encabezar proxectos institucionais, nas dúas mesas nas que se desenvolveu a xornada.

A xornada contou coa participación destacada da xornalista Magis Iglesias, que foi a primeira muller en presidir a "Federación de Asociaciones de Periodistas de España FAPE".