A FEGAMP participou no Consello Territorial da FEMP

Data: 

martes, 15 Xullo, 2025 (Todo o día)

Madrid, 15 de xullo de 2025.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), representada polo seu presidente, Alberto Varela, e polo seu vicepresidente segundo, Secundino García, participou no Consello Territorial da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), órgano máximo entre plenos, que celebrouse agora despois de que tivera que suspenderse o convocado para o martes 29 de abril por causas de forza maior motivadas polo apagamento en todo o país do día anterior.

O Consello Territorial se encarga de desenvolver as súas resolucións aprobadas e da permanente colaboración, coordinación e consulta entre a FEMP e as distintas federacións territoriais, como a FEGAMP.

Este Consello Territorial comezou cun minuto de silencio en solidaridade coas familias das vinte e dúas mulleres asasinadas vítimas da violencia machista, e tamén en recordo da alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, falecida hai uns meses.

De seguido, a presidenta da FEMP, María José García-Pelayo, presentou o seu informe sobre toda a actividade desenvolvida neste período, incluída a recente concentración de alcaldes e alcadesas diante do Congreso dos Deputados para reclamar a actualización das entregas a conta aos concellos pola súa participación nos tributos do Estado, de forma que queden referenciados a 2025, a liquidación definitiva do 2023 e que los concellos podan destinar o uso dos seus superávits a inversións financieramente sostibles. Esta concentración só contou co apoio do grupo de alcaldes e alcaldesas do Partido Popular, sendo convocada pola propia presidenta en nome da FEMP. Este asunto suscitou polémica, con varias intervencións que reprocharon á presidenta da FEMP non manter o consenso acadado na súa Xunta de Goberno en defensa desas reclamacións, e con outras intervencions que respaldaron á presidenta.

Nos seguintes puntos avaliouse a xestión económica da FEMP no 2024 e dos proxectos Next Generation, ademais da Central de Contratación.

Consello Territorial da FEMP