A FEGAMP participou no Foro "Impacto do cambio climático nos recursos hídricos" organizado por La Voz de Galicia e Facsa

Data: 

martes, 9 Xuño, 2026 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2026.- Celebrouse o Foro "Impacto do cambio climático nos recursos hídricos" organizado por La Voz de Galicia e Facsa, no que a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) participou representada por Blas García, alcalde do Ames e membro da Comisión Executiva da entidade municipalista.

Administracións, expertos e responsables do sector debateron sobre como afrontar un escenario marcado pola irregularidade das choivas, a presión sobre os sistemas de abastecemento e a necesidade de modernizar a xestión da auga.

Na súa intervención, Blas García puxo o foco na complexidade do territorio galego e a complexa realidade municipal con 313 concellos e reclamou unha maior coordinación institucional entre todas as administracións, tamén Xunta e deputacións, para avanzar cara a unha xestión do ciclo integral da auga que de resposta eficiente a todas as necesidades.

Xunto a Blas Garcia interviñeron José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil; Roi Fernández Añón, director de Augas de Galicia y Luis Basiero, director de Saneamento e Depuración de Facsa. 

Presentouse un informe elaborado por Facsa, que analiza a situación actual dos recursos hídricos e estratexias para mellorar a resposta ante os efectos do quecemento global.

O Foro foi inaugurado pola alcaldesa de Santiago de Compostela e o peche correu a cargo da conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez.