FEGAMP participou no Foro "Moverse en Galicia" organizado pola Unión de Consumidores

Data: 

xoves, 4 Xuño, 2026 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2026.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) participou no Foro "Moverse en Galicia. Dereito ou privilexio?" organizado pola Unión de Consumidores de Galicia.

O foro desenvolveuse en varias mesas que abordaron as principais temáticas vencelladas coa mobilidade e o transporte público, como, por exemplo, a " Operativa urbana e modelos de convivencia " entre taxi e vtc, e a "Realidade ferroviaria en Galicia" e "Dereito á conectividade aérea", entre outros.

A FEGAMP estivo representada por Paola María Mochales, concelleira de Urbanismo e Mobilidade de Vilagarcia de Arousa, que interveu na mesa "Mobilidade, cidade e turismo", compartindo mesa con Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Turismo de Galicia; Álvaro García, responsable de Accesibilidade e Mobilidade de Cogami; Juan Loureiro, presidente de Cogave, e Luis Diz, presidente de Galicia de Noite. A mesa estivo moderada por Miguel L. Crespo, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia.

Na súa intervención en relación aos problemas de transporte urbanos e interurbanos, a concelleira destacóu a posición da FEGAMP de avanzar de xeito consensuado con todas as partes implicadas en solucións urxentes tanto no relativo ao transporte colectivo interurbano como na regulación autonómica dos vtc, como ocurre na Comunidade de Madrid.

FORO MOVERSE NE GALICIA UNION DE CONSUMIDORES