Desde Federación Galega de Municipios e Provincias achegamos as nosas condolencias á familia de Diana Quer, que nestes días tense convertido na figura visible da lacra que é a violencia exercida contra as mulleres. Tamén queremos manifestar o noso apoio aos concellos que máis de preto están a sufrir nestes momentos.
Desde a Fegamp rexeitamos calquera tipo de violencia e motivamos aos concellos galegos a fomentar a protección das mulleres maltratadas e das súas familias, e a posta en marcha de actividades formativas encamiñadas a educar á cidadanía cara a non violencia.