A FEGAMP presenta o seu labor coas Comunidades Enerxéticas Locais en Ames

Data: 

mércores, 4 Xuño, 2025 (Todo o día)

Ames, 4 de xuño de 2025.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) participou na Xornada aberta sobre o presente e futuro das Comunidades Enerxéticas, organizada pola Oficina de Transformación Comunitaria do Concello de Ames.

O encontró estivo centrado na análise dos aspectos legais, xurídicos e administrativos destas comunidades, así como nos retos, garantías e oportunidades que ofrecen como modelo sostible de producción e xestión da enerxía.

María Lamelas, técnica do área de proxectos da FEGAMP, presentou os asistentes os proxectos dos que forma parte: CELRURAL (Interreg Poctep) e EC4RURAL (Life), destacando que ambos comparten obxectivos comúns como son o impulso da enerxía comunitaria en zonas rurais, a replicabilidade de modelos a outros territorios europeos e a colaboración entre administracións locais, universidades e outros axentes do territorio.

Xornada sobre o presente e futuro das Comunidades Enerxéticas (Ames)