A Fegamp presenta a súa nova páxina web

Data: 

martes, 3 Marzo, 2015 (Todo o día)
Captura pantalla nueva web

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, José Manuel Rey Varela, presentará públicamente mañá, mércores, 5 de marzo de 2015, na sede da Fegamp, a nova páxina web da institución, que substitúe á que permanecía activa ata hoxe.

O sitio web da Fegamp pretende convertirse nunha ferramenta práctica para achegar máis axeitadamente a realidade das administracións locais e provinciais galegas aos cidadáns, coa transparencia como principio fundamental de actuación, empregando os sistemas de última xeneración no campo das novas tecnoloxías.

A páxina ordea de xeito sinxelo os contidos e facilita e acelera as búsquedas, gracias a unha estrutura máis moderna e áxil, dividida en oito seccións: A Fegamp, Áreas, Economía, Entidades, Documentación, Contratación, Actualidade e Contacto. A primeira delas, ofrece un percorrido pola historia da institución e recolle a súa estrutura e organización actuais.

A nova web permite acceder de xeito doado ás últimas novas relacionadas coa Fegamp, á última información económica que afecta ás entidades locais e provinciais, cunha notable profusión gráfica, que a fai entendible, e á documentación relevante para eles máis recente (acordos, convenios, comunicacións, axudas e subvencións).

A páxina inclúe un listado actualizado de concellos, mancomunidades e deputacións provinciais, con datos detallados de cada entidade e os seus responsables, e servirá tamén para dar coñecer a ampla actividade da Fegamp: oficina de consumo, medioambiente, turismo, formación, cooperación, xornadas e cursos.

Toda a web ofrece múltiples opcións para a reutilización de datos e novas por parte dos cidadáns, permitindo descargas en Pdf e Excel; facilitando formularios ou modelos de reclamación, solicitude de cursos, axudas ou subvencións;  publicación ou envío directo de materiais a través de redes sociais, sistemas de mensaxería, correo electrónico... Tamén contén ligazóns con páxinas de uso cotiá como o BOE, o DOG, os boletíns oficiais das catro provincias galegas, o Instituto Nacional de Consumo, o Instituto Galego de Consumo, etc. 

Na páxina os usuarios poderán acceder ao último número da revista trimestral da Fergamp, 'Concellos Galegos', en formato Pdf; ver as últimas mensaxes no Twitter e no Facebook da Federación e interactuar na súa conta ou no seu muro; e facer realidade o feedback co municipalismo galego enviando as súas críticas, achegas, denuncias ou suxestións mediante a canle disposta para ilo na sección 'Contacto'.

A nova web da Fegamp é froito dun traballo de máis de tres meses da empresa luguesa 'Galicia Digital', coordinado polo departamento de Comunicación da Fegamp e coa colaboración das achegas e suxestións dos técnicos e do persoal administrativo da Federación.