A FEGAMP realiza un webinar sobre o mantemento nas instalacións dos edificios da administración local

Data: 

venres, 24 Maio, 2024 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2024.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) ven de abordar os principios básicos no mamtemento nas instalacións dos concellos co fin de garantir a seguridade do persoal e das persoas usuarias destas instalacións.

Os edificios municipais deben cumprir coa normativa de seguridade industrial aplicable ás instalcións eléctricas, de calefacción, ascensores ou máquinas salvaescaleiras. Tamén no caso das instalacións que empregan gases combustibles, como caldeiras ou depósitos de gasóleo, ademáis dos centros de transformación ou compresores.

Existe unha ampla ee estrita normativa vixente que ten que cumprirse na parte de deseño, execución e mantemento, a pesares da súa complexidade e dificultade na aplicación.

A iso hai que engadir outras normativas afíns como a prevención da lexionelose ou o cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais, que tamén debe ser observadas nas instalacións municipais, cumpindo con todas as revisións e inspeccións periódicas.

Por todo o anterior, a FEGAMP ven de celebrar este webinar, que contou con participantes inscritos de cincuenta concellos galegos, e que foi impartido por Fernando Blanco Silva, doutor en Desenvolvemento Sostible e enxeñeiro industrial na Xunta de Galicia. Tamén é autor de diversos artigos científicos relacionado co mantemento das instalacións así como do libro "El triángulo de la Gestión Energética".

Pódese acceder á grabación do webinar na seguinte ligazón

webinar sobre o mantemento nas instalacións dos edificios da administración local