A FEGAMP recaba a información dos concellos costeiros afectados polo verquido de pellets

Data: 

martes, 9 Xaneiro, 2024 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2024.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) enviou aos 74 concellos costeiros de Galicia unha comunicación para recabar toda a información posible sobre os efectos que está a causar nas súas praias o verquido de pellets do barco liberiano que perdeu parte da carga nas costas portuguesas.

Concretamente, a comunicación foi enviada aos setenta e catro concellos costeiros (corenta e dous na provincia da Coruña, vinte e catro en Pontevedra e oito en Lugo) e obxecto da mesma é dispor de “información directa e real do estado de situación” en cada concellos afectado, para “mellorar a coordinación entre as administracións” e contribuir dende os concellos galegos á “unha resposta áxil e planificada para mitigar o dano ambiental” causado.

A vindeira Xunta de Voceiros e Voceiras da FEGAMP, que se vai celebrar este xoves 11 de xaneiro, traballará coa información que xa se está recibindo dende os concellos na adopción das iniciativas que a competa, tendo en conta que está a ser a única información que na FEGAMP se ten, ademáis da recollida nos medios de comunicación.