A Fegamp reclámalle a Xustiza que manteña abertos os actuais Rexistros da Propiedade en Galicia

Data: 

mércores, 15 Marzo, 2017 (Todo o día)

A Comisión Executiva da  Fegamp aprobou hoxe por unanimidade demandar ao Ministerio de Xustiza que manteña abertos todos os Rexistros da Propiedade que existen a día de hoxe en Galicia. A Federación Galega de Municipios e Provincias considera inaceptable que o executivo central suprima este servizo en varios concellos galegos, afectando de xeito directo á súa cidadanía, tecido empresarial e oportunidades de emprego.

A Fegamp rexeita de cheo que  a orde ministerial sobre o peche dos Rexistros se producira sen ningún tipo de consulta, nin explicación aos municipios. Segundo o presidente, Alfredo García:  “É un paso máis para suprimir servizos no rural e isto vai totalmente en contra do tan citado reequilibrio territorial. O reequilibrio faise mantendo os servizos que existen no interior de Galicia e levando empresas que xeren emprego, non destruíndo oportunidades e postos de traballo”.

A Fegamp trasladará unha circular urxente ao Ministerio de Xustiza e apelará a maiores á Xunta de Galicia e ao Parlamento Galego, para garantir o mantemento do servizo.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon 170315nppecherexistrospropiedade.pdf96.72 KB
galer_a_fotos