A Fegamp respalda a campaña da Xunta para apoiar ao sector lácteo galego

Data: 

sábado, 3 Outubro, 2015 (Todo o día)

A Fegamp respalda a campaña da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia de apoio ao sector lácteo, a través da promoción da marca 'Leite de Calidade Galego 100%'.
Trátase dun selo recoñecido e recoñecible creado co impulso da administración e cuxa propiedade e amparo se atopa en mans do sector produtor e transformador galego a través do LIGAL (Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite).
Co obxectivo de sumar esforzos e evitar multiplicidade de mensaxes e marcas, a Consellería do Medio Rural deseñou unha ampliación da campaña, adaptable a cada un dos concellos que desexe sumarse voluntariamente, co fin de apoiar ao sector lácteo, en xeral, e aos nosos gandeiros en particular.
Xa está á disposición de todas as entidades locais, totalmente de balde, o deseño do material da campaña, para que os concellos e deputacións procedan a producilo do xeito que mellor consideren.
Acceso a ese material na sección 'Comunicacións' desta páxina web.
Para tal fin, deben achegar o acordo de solicitude de uso e adhesión á campaña a un dos seguintes enderezos electrónicos:
gabinete.cmrm@xunta.es;
crm.prensa@xunta.es.