O presidente da Fegamp, Carlos Fernández, ven de manifestar o profundo sentimento de dor e fonda tristura de todas as Administracións Locais de Galicia polas vítimas mortais do tráxico accidente aéreo ocorrido onte en Madrid.
Este sentimento, que transmite no nome da Comisión Executiva da Fegamp, vai parello á testemuña de solidariedade cos familiares, amigos e achegados dos falecidos así como o fervente desexo dunha pronta recuperación dos feridos desta conmocionante traxedia.
A Fegamp súmase ás manifestacións de dó nas Comunidades de Madrid e Canarias e prégalle a todos os Concellos e Deputacións de Galicia que coloquen nos seus edificios as bandeiras a media asta coma testemuña de dor e solidariedade.