A FEGAMP traballa nun modelo de ordenanza para protexer e conservar as vías municipais afectadas pola extracción de madeira

Data: 

xoves, 15 Outubro, 2026 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2026.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) reuniu á súa Comisión de concellos de menos de 20.000 habitantes e entidades locais menores, que está a traballar na elaboración dun modelo de ordenanza para protexer e conservar as vías municipais afectadas pola extracción de madeira. O obxecto do modelo de ordenanza é ofrecer unha referencia común para os concellos, que lles permita a adaptación da mesma a cada contexto local afectado.

Para iso, dende a FEGAMP se difundiráo borrador aprobado de xeito unánime na Comisión entre os concellos para recibir achegas e rematar o proceso de elaboración cun texto consensuado, que se elevará á Comisión Executiva da FEGAMP para a súa aprobación.

A reunión estivo presidida por Jose Luis Martínez Sanjurjo, coordinador da Comisión,  membro da Comisión Executiva da FEGAMP e alcalde de Ordes, e por Antonio F. Angueira, director xeral da FEGAMP, que contaron co apoio de Carmen Gallego, do equipo técnico da FEGAMP.

Na reunión participaron "on line"  Alberto Platas, alcalde de Aranga; Alejandra Pérez, alcaldesa de Bergondo;  José Ulla, alcalde de Begonte;  Carlos Martínez, alcalde de Vedra;  Juan Carlos Armesto, alcalde de O Saviñao;  Manuel Pérez, alcalde de Paderne de Allariz;  Remedios González, alcaldesa de Rábade,  Melisa Macía, alcaldesa de Vilariño de Conso, entre outros e outras participantes.