A FEGAMP VALORA OS AVANCES LOGRADOS NO ANTEPROXECTO DE LEI DE SERVIZOS SOCIAIS PERO MANTÉN A SÚA DISCREPANCIA NO RELATIVO Á IMPOSICIÓN DE PORCENTAXES ORZAMENTARIOS



Santiago, 27 de feb. de 08. O presidente da FEGAMP e alcalde de Ames, Carlos Fernández, valorou os avances producidos con Vicepresidencia en relación ao anteproxecto de Lei de Servizos Sociais, ao mesmo tempo que aclaraba que a organización municipalista sostén coa mesma contundencia a súa discrepancia no punto no que consideran que se produce unha inxerencia na autonomía local.

 

En referencia ao prazo de negociación que se abrira desde a última xuntanza da Comisión Galega de Cooperación Local, Fernández considera que “este tempo que nos demos non foi estéril, xa que unha maioría das consideracións da FEGAMP foron recollidas no articulado do proxecto lei”.

 

Sen embargo, matiza o alcalde de Ames, “seguimos tendo unha discrepancia de fondo, que os concellos consideramos unha cuestión de